O 5 de xuño ás 12:30, terá lugar unha actividade expansiva con epicentro en Monforte e réplicas en diversas aldeas, vilas e cidades de Galicia e máis alá.
O obxectivo é reivindicar a figura de Lois Pereiro a través de eventos presenciais de diversa índole en distintos lugares cun eixo común: o día e a hora.
A homenaxe de Monforte terá lugar no propio Ateneo e contará coa presenza de diversos artistas que se irán anunciando nas redes.
No acto do Ateneo participarán Olga Novo, Manuel Válcárcel, Gonzalo Herrero e Antón Lopo. A entrada é libre previa reserva no teléfono 648 435 033.