Axenda Ateneo: Agosto

Presentamos a nosa axenda de eventos para agosto no Ateneo.

Durante todo o mes acollemos unha exposición de obras da artista lucense Noemí Núñez, grazas á colaboración co FanCine de Lemos. Os cadros están expostos no noso Salón de Baile e pódense visitar os luns, mércores e venres de 17:00 a 20:00 horas, ou cando haxa eventos no Ateneo.

O primeiro venres de mes, día 6 de agosto ás 20:00h, terá lugar a presentación da novela Piedra, papel y zobeira, co autor Juan Álvarez.

Seguimos no eido literario o mércores 11 coa presentación do novo poemario de José Carlos López Valcarce, El olor de las sombras. Tamén será ás 20:00 horas.

O xoves 19 ás 20h terá lugar outra presentación de libro, aínda que este de natureza divulgativa: Esgrafiados na Ribeira Sacra e no Camiño de Santiago, a cargo da investigadora Mar López Sotelo. Esta actividade é en colaboración coa Libraría Agrasar.

Tamén este mes no Ateneo impártese un obradoiro de fotografía a cargo de Ramón Casanova. Agardamos poder anunciar proximamente algunha actividade aberta ao público relacionada cos dous talleres impartidos polo fotógrafo baixo o título ‘ImaxinaRío’.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.

Máis
Acto expansivo en homenaxe a Lois Pereiro