Propoñemos unha xornada solidaria de cine documental que nos contará historias dende Colombia, Gambia e os fondos mariños do Atlántico…

Coa túa entrada estarás facendo unha achega ao proxecto de acollida e escolarización de nenos e nenas de familias sen recursos da ONG española Harit Gambia en colaboración coa asociación gambiana New Life Family.

New Life Family House é un centro de acollida en Lamin, Gambia, no que viven actualmente 25 menores en situación de desamparo. Grazas á casa de acollida, estes nenos e nenas teñen un teito digno, alimentación, luz e auga, atención sanitaria e escolarización.

Asistindo á nosa xornada de Cine para o Cambio, ademais de poder ver documentais moi interesantes, estarás contribuíndo á compra dun depósito de auga e a sufragar o incremento do costo da cesta de alimentación básica.

A xornada comeza ás 18:00 o sábado 21 de maio no Salón de Baile do Ateneo. A achega orientativa é de 10 euros, que se destinan integramente á causa.

O programa é o seguinte:

18:00-18:15 Presentación da xornada e do proxecto New Life Family House

18:15-19:30 Proxección das curtametraxes Born in Gambia (Natxo Leuza) e Augas abisais (Xacio Baños)

19:30-20:00 Pausa

20:00-21:30 Proxección de Pacífico Sur (Inés Paz/Marta González Mira) e coloquio coa directora Marta González Mira.

Preme aquí para consultar o dossier do proxecto New Life Family House.

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.