‘Costureiras’ de Tarabela Creativa

Narración oral con Ángeles Goás e Caxoto

Debido ás novas restricións sanitarias que están en vigor en Galicia dende o 15/1/2021, esta actividade queda aprazada ata novo aviso.

Costureiras é unha función de narracion oral a dúas bandas entre Ángeles Goás e Felipe Díaz (Caxoto) entre puntada e puntada, cosendo un espectáculo a partires de retais de vida.

A vida das costureiras era a vida de mulleres en casas alleas mentres levaban a cabo a súa laboura. Era a vida nos camiños dunha casa á outra. Enriba das súas cabezas carregaban a máquina de coser e debaixo da máquina; mil cousas que pensar… mil cousas que contar. 

Data: Venres 22 de xaneiro 2021 ás 20:00 

Reservas no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp). As prazas son limitadas. 

Anterior
Seguinte

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.

Máis
#LP25anos