Curso formativo: Patios dinámicos inclusivos

Aula 10, Centro Psicopedagóxico e de Desenvolvemento Infantil , organiza o sábado 12 de marzo no Ateneo o curso ‘Patios dinámicos inclusivos: o xogo como ferramenta de inclusión e aprendizaxe‘.

O curso será impartido por Gey Lagar, a creadora de Patios e Parques Dinámicos, un programa e unha ferramenta de inclusión escolar con tres premisas fundamentais: xogo libre, equidade e inclusión.

Máis información e inscricións ata o 10/03/2022 en:
Correo: aula10psicopedagogia@gmail.com
Teléfono: 680 490 750

Os socios e socias do Ateneo Casino terán un 10% de desconto.

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.