Proxección do documental ‘Dorothé na vila’

con performance e coloquio

Debido ás novas restricións sanitarias que están en vigor en Galicia dende o 15/1/2021, esta actividade queda aprazada ata novo aviso.

Proxectaremos o documental Dorothé na Vila. Un documental que fala da busca da música tradicional que desaparecerá no centro de Europa. Dorothé que chega dende Suíza a Galicia a finais dos 70, recopilou máis de 300 horas de gravacións, creando o Cancioneiro Popular Galego.

Despois da proxección, haberá unha performance musical arredor da longa e un espazo para o coloquio.

Participarán os directores do filme, Alejandro Gándara e Olaia Tubío, e un grupo de músicos locais. Modera Iván Patiño.

Data: Venres 29 de xaneiro 2021 ás 20:00 

Reservas no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp). As prazas son limitadas. 

Anterior
Seguinte

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.

Máis
Clases de bolillos