Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A Saga das curandeiras

Venres, Febreiro 17, 2023

O venres 17 de febreiro teremos o pracer de contar coa presenza da escritora Marisa Castro Cerceda para presentar o seu libro “A saga das curandeiras” coa participación da Libraría Agrasar.

Marisa Castro Cerceda é doutora en bioloxía e profesora titular na área de botánica, departamento de Bioloxía vexetal e ciencias do solo, na Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo.

Especialista en micoloxía, é unha das maiores estudosas da botánica de Galicia. Foi vicepresidenta da Sociedade Galega de Historia Natural de 1980 a 1986 e presidenta do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.

Conta con numerosos libros e guías publicadas sobre micoloxía, botánica e árbores como a “Guía dos cogomelos comúns de Galicia” ou
“Cogomelos de Galicia e norte de Portugal” entre moitos outros.

Neste último libro, a través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

Detalles

Data:
Venres, Febreiro 17, 2023
Categoría dos Evento:
,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.