- Este evento pasou.
Cata iniciación con Juanjo Figueroa
Venres, Decembro 3, 2021/ 8:15 p.m. - 9:30 p.m.
O venres 3 de decembro teremos no Ateneo a todo un experto en viño: Juanjo Figueroa, director técnico do Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño e sumiller da reputada vinoteca Lume de Carozo en Vigo.
Figueroa ofrecerá de xeito ameno unha cata-curso de iniciación ao mundo do viño que incluirá degustación de cinco viños. O prezo de inscrición é 10€, ou 5€ para persoas socias do Ateneo.
Inscricións no teléfono 648 435 033. As prazas son limitadas!