Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Charla sobre fatiga pandémica coa psicóloga Luz Vázquez Fernández

Sábado, Maio 29, 2021/ 12:30 p.m. - 1:30 p.m.

ACTUALIZACIÓN! Evento aprazado ata novo aviso. Grazas pola comprensión.

A psicóloga Mª Luz Vázquez Fernández falará sobre a fatiga pandémica: como chegamos a ela e que podemos facer para saír do bucle.

Descrición da charla:

O estrés é un mecanismo que se pon en marcha cando una persoa se ve envolta por un exceso de situacións que superan os seus recursos. Ante esta situación damos una resposta de maneira extrema, organizada polo noso cerebro subcortical (sen pensamento nin linguaxe).

Debemos destacar a situación de inescapabilidade, dado que isto inhibe as respostas máis frecuentes de loita ou fuxida, para activar una maneira de autoprotección pasiva como a parálise ou conxelación que se traducen neste fatiga extrema do corpo e da mente. Canto máis cansazo hai, máis esgotamento e emocións negativas e desagradables se senten. De forma natural tratamos de evitalas negando a fonte e polo tanto o uso de recursos de prevención.

Que podemos facer para saír deste bucle? Falaremos de consellos concretos artellados en torno ó coidado do corpo e das nosas emocións.

Mª Luz Vázquez Fernández é Psicóloga Xeral Sanitaria, Experta en Neuropsicoloxía Clinica, Terapeuta EMDR e de Trauma.

Comezou a súa andaina profesional no ano 1999 en Pontevedra no Centro de Psicoloxía Aira e na Unidade de Dano Cerebral A Merced de Poio. Logo en Aldeas Infantiles Galicia, para no ano 2014 comenzar a traballar en Afa Chantada e na Clínica San Antonio en Monforte de Lemos. Colabora co Centro de Día Vida de Monforte de Lemos.

Entrada libre previa reserva no teléfono 648 435 033 (por WhatsApp preferentemente)

Detalles

Data:
Sábado, Maio 29, 2021
Hora:
12:30 p.m. - 1:30 p.m.
Evento Etiquetas:
, , ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.