Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Charla: Xa somos Reserva da Biosfera… e agora?

Venres, Novembro 12, 2021/ 8:15 p.m. - 9:15 p.m.

Dende o mes de setembro a Ribeira Sacra e as Serras do Oribio e Courel forman unha nova Reserva da Biosfera da UNESCO. Que repercusións ten este recoñecemento para o noso territorio e a xente que vivimos nel?
Disto falará Pablo Ramil, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) da Universidade de Santiago, organismo que colaborou coa Xunta e a Fundación Juana de Vega na elaboración da proposta que se presentou á UNESCO.
O acceso é libre ata completar a capacidade.

Detalles

Data:
Venres, Novembro 12, 2021
Hora:
8:15 p.m. - 9:15 p.m.
Categoría do Evento:

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.