Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Charla+viño: Historia da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Venres, Abril 23, 2021/ 8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Achegarémonos aos antecedentes e evolución conceptual da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade desde a perspectiva persoal de Mario Crecente, coordinador da candidatura.

Crecente expoñerá os valores do lugar como paisaxe cultural, e salientará a importancia do proceso e dos logros acadados ata o momento.

O evento incluirá unha selección de viños comentados de castas autóctonas da Ribeira Sacra, a cargo da Adega Algueira.

Data: Venres 23 de abril ás 20:00

Reservas: No teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp)

[Foto: Miradoiro da Capela na Pobra do Brollón. Autoría: Mario Crecente]

Detalles

Data:
Venres, Abril 23, 2021
Hora:
8:00 p.m. - 9:00 p.m.
Evento Etiquetas:
, ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.