Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Cinema e ensino con Javier Saco

Venres, Maio 28, 2021/ 8:45 p.m. - 10:00 p.m.

O profesor Javier Saco falará de ensino e cinema, a partir da experiencia que comezou en 2015 no colexio dos Escolapios, na que se desenvolveron curtametraxes co alumnado como protagonista, e que tiveron unha grande acollida nas distintas edicións do Fancine de Lemos.

A actividade está dirixida a persoas vinculadas ao mundo do ensino, pais e nais, mais tamén a calquera persoa con interese na educación e no cine.

No evento proxectaranse algunhas escenas das curtas. Pódense ver ó completo aquí.

Entrada libre, previa reserva no teléfono 648 435 033 (preferentemente, por WhatsApp).

 

Detalles

Data:
Venres, Maio 28, 2021
Hora:
8:45 p.m. - 10:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.