Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

‘¡Club Diverfindes!’

Sábado, Maio 7, 2022/ 10:00 a.m. - 12:00 p.m.

Os sábados pola mañá no Ateneo Casino serán para a cativada, grazas a unha iniciativa ofertada por ‘Actividades Eli & Edi’.

Trátase do ¡Club Diverfindes!, que terá lugar todos os sábados a partir do día 7 de maio, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

O club ponse en marcha para cubrir un baleiro de actividades infantís en Monforte e na comarca que faciliten a conciliación familiar aos pais e nais nas fines de semana.

A proposta consistirá en actividades lúdico-recreativas e educativas como xogos populares, obradoiros, actividades deportivas, bailes e cancións… Dentro da oferta, incluiranse xincanas urbanas e incluso excursións a lugares divertidos da contorna.

Os socios e socias do Ateneo Casino terán un desconto mensual (30€/mes ou 25€/mes para fillos/fillas de socios).

As persoas interesadas deberán reservar praza, preferentemente antes do 4 de maio. Poden facelo por dúas vías:

  • A través dun formulario na web de Actividades Eli & Edi (https://sites.google.com/view/actividades-eli-edi/).
  • Enchendo o formulario en papel e depositándoo na caixa de correos que está no bar Oasis (Avenida de Galicia, 31 – ao carón do Ateneo Casino).

Para máis información ou dúbidas, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 604014384 ou por email  a actividadeseliedi@gmail.com.

Detalles

Data:
Sábado, Maio 7, 2022
Hora:
10:00 a.m. - 12:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.