
- Este evento pasou.
Concerto de contrabaixo e voz
Xaneiro 16/ 8:00 p.m. - 9:30 p.m.

CONCERTO APRAZADO
Debido ás novas restricións que entran en vigor en Galicia a partir do 15/1/2021, esta actividade queda aprazada ata novo aviso.
Concerto con Lorena do Val na voz e Gonzalo Herrero no contrabaixo. Vén gozar da música en directo no salón de xogos do Ateneo Casino.
O dúo, ambos docentes da Escola de Música Moderna de Monforte de Lemos, ofrecerá un repertorio variado que levará ao público nunha viaxe polas músicas do mundo.
A actuación terá lugar baixo o formato de café-concerto, polo que haberá servizo de bar.
Data: Sábado 16 de xaneiro 2021 ás 20:00
Reservas: por WhatsApp no teléfono 648 435 033. As prazas son limitadas. Animamos a reservar por grupos de ata catro persoas, para facilitar a organización das mesas.