- Este evento pasou.
‘Costureiras’ de Tarabela Creativa
Venres, Abril 16, 2021/ 8:00 p.m. - 9:30 p.m.
Costureiras é unha función de narracion oral a dúas bandas entre Ángeles Goás e Felipe Díaz (Caxoto) entre puntada e puntada, cosendo un espectáculo a partires de retais de vida.
A vida das costureiras era a vida de mulleres en casas alleas mentres levaban a cabo a súa laboura. Era a vida nos camiños dunha casa á outra. Enriba das súas cabezas carregaban a máquina de coser e debaixo da máquina; mil cousas que pensar… mil cousas que contar.
Data: Venres 16 de abril 2021 ás 20:00
Reservas: No teléfono 648 435 033 (por WhatsApp preferiblemente), indicando nome e DNI.