- Este evento pasou.
Curso de cultivo de cogomelos
Domingo, Maio 2, 2021/ 10:00 a.m. - 1:00 p.m.
Aprende a cultivar cogomelos comestibles no teu xardín, finca ou terraza!
A Asociación Micolóxica Os Lactouros ofrece no Ateneo Casino un curso intensivo de cultivo de cogomelos.
Será impartido por Carlos Pérez, Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos.
O curso terá unha introdución teórica pero será eminentemente práctica. Aprenderás sobre o ciclo dos cogomelos, o seu crecemento e alimentación, as variedades de especies que se poden cultivar e como facelo.
Data e horario: Domingo 2 de maio de 10:00 a 13:00 (3 horas)
Prezo: 5€ soci@s do Ateneo ou de Os Lactouros / De balde soci@s de ambos / 10€ non soci@s
Inscricións: no teléfono 648 435 033 (por WhatsApp preferiblemente)
[Imaxe de Tomasz Proszek / Pixabay]