Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

David Regueiro Quartet

Sábado, Xuño 26, 2021/ 9:00 p.m. - 10:00 p.m.

O cuarteto de jazz David Regueiro Quartet son Pablo Castaño no saxo, David Regueiro na guitarra e composición, Alfonso Calvo no contrabaixo e Segio González na batería.

Interpretarán composicións do seu traballo discográfico O Camiño, financiado pola Fundación Vicente Risco, Xacobeo 21 e a Xunta de Galicia en colaboración con Guitarras Sabrafén.

O Camiño inspírase na música tradicional sen perder a esencia jazzística dun cuarteto que explora novos camiños pola ruta da tradición.

Podes escoitalos en YouTube aquí.

Prezo: 3€ socios/as do Ateneo – 5€ non socios/as

Reservas no teléfono 648 435 033 (preferentemente por WhatsApp)

Detalles

Data:
Sábado, Xuño 26, 2021
Hora:
9:00 p.m. - 10:00 p.m.
Evento Etiquetas:
, , ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.