
- Este evento pasou.
Proxección do documental ‘Dorothé na vila’
Xaneiro 29/ 8:00 p.m. - 10:00 p.m.

Debido ás novas restricións sanitarias que están en vigor en Galicia dende o 15/1/2021, esta actividade queda aprazada ata novo aviso.
Proxectaremos o documental Dorothé na Vila. Un filme que fala da busca da música tradicional que desaparecerá no centro de Europa. Dorothé, que chega dende Suíza a Galicia a finais dos 70, recopilou máis de 300 horas de gravacións, creando o Cancioneiro Popular Galego. Despois da proxección, haberá unha performance musical arredor da longa e un espazo para o coloquio.
Participarán os directores do filme, Alejandro Gándara e Olaia Tubío, e un grupo de músicos locais. Modera Iván Patiño.