- Este evento pasou.
Esgrafiados na Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago
Xoves, Agosto 19, 2021/ 8:00 p.m. - 9:00 p.m.
En colaboración con Agrasar, preséntase no Ateneo o libro Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago, da investigadora Mar López Sotelo.
O libro é froito dunha exhaustiva investigación rexistrando máis de 700 mostras desta técnica ornamental de fachadas e paredes. A autora vai unindo as pezas que permiten chegar á conclusión da existencia dun “estilo galego propio de esgrafiado”.
O esgrafiado fai uso dunha técnica ornamental que consiste en decorar os enlucidos ou revestimentos das fachadas mediante incisións cun grafio, para crear figuras ou formas ao retirar da parte máis superficial.
O acceso é libre previa reserva no teléfono 648 435 033.