Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de encaixe de palillos: Inauguración

Martes, Marzo 30, 2021/ 6:00 p.m. - 9:00 p.m.

O Ateneo Casino acolle unha exposición de pezas de encaixe elaboradas pola Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra. O evento é de entrada gratuíta.

A exposición inclúe pezas de enxoval con picados tradicionais galegos, ademais de aplicacións máis modernas para roupa e accesorios.

A inauguración da exposición será o martes 30 de marzo ás 18:00 no Salón de Baile. Estará aberta ao público ata o domingo 11 de abril, en horario de 17:00 a 21:00.

Durante a exposición estarán presentes membros da Asociación facendo demostración de palillos e que estarán dispoñibles para atender calquera pregunta do público asistente.

 

Detalles

Data:
Martes, Marzo 30, 2021
Hora:
6:00 p.m. - 9:00 p.m.
Evento Etiquetas:
,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.