Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición entre a Arte e a Artesanía do sur de Lugo

Febreiro 3 - Febreiro 5

FRONTEIRAS. Entre arte e artesanía do sur de Lugo é unha exposición que reúne obras de distintos ámbitos artísticos e que terá lugar a súa inauguración o vindeiro día 3 de febreiro no Ateneo Casino de Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra. Mediante unha visión multidisciplinar e colectiva, preténdese explorar as conexións e os límites difusos entre a arte e a artesanía, un diálogo que continúa ata hoxe.

Coa participación de artistas dunha longa traxectoria, o obxectivo desta mostra é acoller nun mesmo espazo a identidade artística simbiótica do sur lucense a través dun percorrido pola pintura, olería, cerámica, deseño e téxtil tradicional e contemporáneo. Un mapa de converxencias entre retóricas do cotián e o compromiso pola identidade etnográfica e a reivindicación das labores tradicionais históricas xunto co medio natural e o mundo rural galego que se está a perder.

As formas de facer arte con dedicación e precisión combinadas co uso de materiais sostibles e de alta calidade, de recoñecido valor cultural e que recuperan a iconografía e a memoria do tradicional en novas narrativas.

Pilar Rodríguez ten o seu obradorio “En Là” de tecidos naturais feitos a man. Carmen Álvarez, artesá e pintora realiza actividades de creación artística en “Artecaurel”. Sesé Vila é artesá e presidenta da Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra onde elabora o encaixe tradicional galego. Tomás López mantén unha longa tradición de olería antiga da Ribeira Sacra no seu taller Figulus. Gelín Fernández, pintor autodidacta que experimenta con novas técnicas nos seus cadros. Jesús Alfonso Parada, escritor e pintor das paisaxes da serra do Courel, protagonistas da súa obra.

FRONTERAS. Entre arte y artesanía del sur de Lugo es una exposición que reúne obras de diferentes ámbitos artísticos y que se inaugurará el próximo 3 de febrero en el Ateneo Casino de Monforte de Lemos, capital de la Ribeira Sacra. A través de una visión multidisciplinar y colectiva, pretende explorar las conexiones y los límites difusos entre el arte y la artesanía, un diálogo que continúa hasta el día de hoy.

Con la participación de artistas de larga trayectoria, el objetivo de esta exposición es acoger en un mismo espacio la identidad artística simbiótica del sur lucense a través de un recorrido por la pintura, la alfarería, la cerámica, el diseño y el textil tradicional y contemporáneo,. Un mapa de convergencias entre la retórica cotidiana y el compromiso por la identidad etnográfica y la reivindicación de los trabajos histórico-tradicionales junto con el medio natural y el mundo rural gallego que se está perdiendo.

Las formas de hacer arte con dedicación y precisión combinadas con el uso de materiales sostenibles y de alta calidad, de reconocido valor cultural y que recuperan la iconografía y la memoria de lo tradicional en nuevas narrativas.

Pilar Rodríguez tiene su taller “En Là” de tejidos naturales hechos a mano. Carmen Álvarez, artesana y pintora, realiza actividades de creación artística en “Artecaurel”. Sesé Vila es artesana y presidenta de la Asociación de Palilleiras Ribeira Sacra donde elabora encajes tradicionales gallegos. Tomás López mantiene una larga tradición de cerámica antigua de la Ribeira Sacra en su taller Figulus. Gelín Fernández, pintor autodidacta que experimenta con nuevas técnicas en sus pinturas. Jesús Alfonso Parada, escritor y pintor de los paisajes de la Serra do Courel, protagonistas de su obra.

 

Detalles

Comezo:
Febreiro 3
Remate:
Febreiro 5
Categoría do Evento:

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.