- Este evento pasou.
O país ribeirao, un territorio de lenda
Xoves, Febreiro 24, 2022/ 8:15 p.m. - 9:30 p.m.
Alfonso Campos dará no Ateneo Casino unha charla sobre a relación dos habitantes ribeiraos coa paisaxe a través das lendas.
No evento haberá ademais acompañamento musical a cargo de membros do grupo Os Parentes de Sober.
Campos contará historias da tradición oral que se vinculan con elementos como mámoas, petróglifos, castros, santuarios, regos, penedos, marcos de pedra… As lendas son recollidas de diferentes puntos da Ribeira Sacra e inclúen como non unha selección de Sober, a terra de Alfonso Campos.