
- Este evento pasou.
Obradoiro de Cosmética Natural
Sábado, Abril 17, 2021

Aprende con Estefanía Montes a facer a túa propia cosmética saudable, eficaz, económica, sostible, respectuosa co medio ambiente e libre de plásticos.
Neste curso de cosmética natural caseira aprenderás a facer produtos de hixiene e coidado corporal, respectando o medio ambiente e sabendo o que che pos na pel.
No curso, de 4 horas de duración, farás:
- Xabón corporal de sosa e de glicerina cos mellores aceites
- Pasta de dentes
- Máscaras hidratantes e purificantes
- Pomada herbal
- Serum hidratante
- Desodorizante
- Acondicionador de pelo
- Bálsamo labial
Data: Sábado 17 de abril. Haberá dúas quendas: ás 10:00 e ás 16:00. O curso dura 4 horas.
Prezo: 20€ para soci@s e 25€ para non soci@s. O prezo inclúe todo o material e un xabón corporal que levarás a casa.
Inscrición: No teléfono 648 435 033 (por WhatsApp preferiblemente).
[Imaxe de dungthuyvunguyen de Pixabay]