
- Este evento pasou.
Obradoiro de escrita creativa con Arancha Nogueira
Domingo, Xuño 6, 2021

A poeta Arancha Nogueira ofrece un obradoiro de escrita creativa no Ateneo de Monforte con dez prazas e catro horas de duración divididas entre a mañá e a tarde. A poesía de Lois Pereiro, moi influínte na poética de Nogueira, terá gran presenza no obradoiro.
O obradoiro ten como obxectivo explorar as xeografías persoais e íntimas achegando exemplos de textos de autoras galegas e estranxeiras pero sobre todo realizando un labor práctico de escrita na que as alumnas e alumnos se familiaricen coas súas própias voces e poidan construír unha pequena poética do cotián.
Horario: 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:30 (4 horas)
Prezo: 25€ soci@s / 30€ non soci@s