Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Obradoiro de petiscos con Estefanía Montes

Sábado, Xuño 19, 2021/ 10:00 a.m. - 8:00 p.m.

Unha divertida xornada de cociña con Estefanía Montes. Aprenderás a ser un gran anfitrión ou anfitrioa sacando o maior partido das túas habilidades.

Coñecerás como preparar unha chea de receitas base e combinalas con texturas suaves, crocantes, refrescantes… así como ideas para presentalas.

Prepararanse mesturas para untar de vexetais, carnes e peixes; masas diferentes… Tapas e petiscos sinxelos pero moi vistosos e sobre todo saborosos! Haberá degustación das elaboracións ó final da clase.

Curso de 4 horas con opción de quenda de mañá (10:00 a 14:00) ou de tarde (de 16:00 a 20:00).

Prezo: 20€ socios/as do Ateneo – 25€ non socios/as

Información e inscricións no teléfono 648 435 033 (por WhatsApp preferentemente)

 

 

Detalles

Data:
Sábado, Xuño 19, 2021
Hora:
10:00 a.m. - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.