- Este evento pasou.
Obradoiro ‘ImaxinaRío’ co fotógrafo Ramón Casanova
Luns, Xullo 26, 2021/ 9:00 a.m. - Xoves, Xullo 29, 2021/ 1:00 p.m.
Ramón Casanova, fotógrafo e docente da arte (no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya, no Grao de Artes Dixitais La Salle e no Departamento de Artes Visuais e Deseño da Universidade de Barcelona), ofrece dous talleres de acción visual na contorna do río Cabe.
Taller 1. Imaxinar o río con cámaras autoconstruidas e calotipo
Do 26 ó 29 de xullo. De 9:00 a 13:00.
Breve descrición:
Traballar con cámaras autoconstruidas achéganos a unha observación consciente, fainos entender como funciona a captación das imaxes, desbota a mirada fugaz e obríganos a decidir dende onde, que e como miramos. Traballaremos con cámaras de gran formato, que nos permiten obter negativos de ata 40x40cm. O soporte sensible será papel, o que nos permite visualizar todo o proceso de revelado e nos permite obter positivos por contacto do mesmo formato que o negativo.
Taller 2. Imaxinar o río con fotografía sen cámara (do 2 ó 5 de agosto)
Cota por Taller 1: 150€ (inclúe material e as 15 horas do taller)
Máximo 7 participantes
Información e inscricións no teléfono 648 435 033 (preferentemente por WhatsApp)