- Este evento pasou.
Presentación da ‘Guía práctica da Ribeira Sacra’
Venres, Xuño 3, 2022/ 8:15 p.m. - 9:15 p.m.
Colaboramos coa libraría Agrasar para a presentación e firma no Ateneo da nova edición actualizada da Guía práctica da Ribeira Sacra de Manuel Garrido, editado por Edicións Xerais de Galicia.
A primeira edición da guía foi publicada no ano 2008 e xa vai pola tercera edición. Trátase dunha guía moi completa e actualizada para coñecer a fondo todo o territorio da Ribeira Sacra.
Excursións, consellos, turismo rural, rutas, arte, historia, cultura, todo tipo de información práctica, mapas e fotografías abren esta guía ao visitante para mostrarlle unha das zonas máis fermosas de Galicia.