Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Presentación de ‘Cadernos persoais’ [Lois Pereiro]

Luns, Maio 24, 2021/ 8:00 p.m. - 9:00 p.m.

Para marcar o 25 aniversario do pasamento de Lois Pereiro, o 24 de maio de 1996, preséntanse os seus Cadernos persoaisNo acto participarán os irmáns de Lois, Xosé Manuel e Inés Pereiro, Antón Lopo, Héctor Cajaraville e Xosé Rodríguez Díaz.

Un conxunto de cadernos inéditos, con edición e notas de Héctor Cajaraville, que neste 2021 publica a editorial Chan da Pólvora.

Os textos, cedidos pola familia, están extraídos de cinco blocs escritos polo autor entre os anos 1989 e 1993, ademais da transcrición dunha axenda de 1996 que contén apuntamentos realizados nos derradeiros meses da vida de Lois.

Os Cadernos “nos descubren novas perspectivas do seu proceso creativo e nos devolven a atmosfera fascinante dun poeta que atopou nas ondulacións da mente a palabra exacta da poesía”.

Entrada libre, previa reserva no teléfono 648 435 033 (por WhatsApp preferentemente).

Detalles

Data:
Luns, Maio 24, 2021
Hora:
8:00 p.m. - 9:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.