- Este evento pasou.
Presentación de libro: ‘Papel, piedra y Zobeira’
Venres, Agosto 6, 2021/ 8:00 p.m. - 9:00 p.m.
O escritor Juan Álvarez presenta no Ateneo a novela de misterio, Piedra, papel y Zobeira.
Juan Álvarez, barcelonés afincado na Mancha, aproveita a súa visita a Galicia para facer unha pequena xira de presentacións desta a súa segunda novela. No acto participará Xosé Manuel Fernández (de Hermanager Producións), veciño monfortino e amigo do autor.
Piedra, papel y Zobeira transcorre entre Calahorra (A Rioxa), Newark (EEUU) e Terras de Trives, onde o autor ten raíces familiares. A novela ten como protagonista a Félix, un músico de ficción que formou parte das mellores bandas americanas. Tras herdar unha casa regresa a Trives, onde se atopa cun misterio relacionado cos romanos e a Vía Nova.
A entrada é libre previa reserva no teléfono 648 435 033, preferentemente por WhatsApp.