- Este evento pasou.
Presentación do libro ‘Galegas na ciencia’
Venres, Maio 6, 2022/ 8:15 p.m. - 9:15 p.m.
O Ateneo acolle a presentación do libro Galegas na ciencia (Belagua) de Isabel Blanco e ilustrado por María Lapido. Na presentación participarán a autora e mais a editora Edurne Baines.
De Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Elas abriron as portas da ciencia a milleiros de mulleres. Da súa personalidade falan, ao mesmo tempo, os textos de Isabel Blanco e os magníficos retratos á acuarela da ilustradora María Lapido, que fan deste libro unha obra de arte.
A presentación comezará ás 20:15. O acceso é libre ata completar aforo. A libraría Agrasar porá a disposición libros para a venda.