Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Presentación do libro “Mis 2 yos”

Venres, Setembro 30, 2022

O venres 30 de setembro as 20h, a blogueira Mayttet presentará no Ateneo Casino o seu libro “Mis 2 yos”, coa colaboración da Libraría Pelayo.

IMPORTANTE: Rógase aos participantes que acudan sen ningún tipo de perfume ou cosmético perfumado (desodorante, cremas, xeles con cheiros fortes, etc.) xa que poderían prexudicar a Mayttet.

Trátase dun libro con formato diario, no que a protagonista conta o seu día a día. Un libro cheo de sentimentos no que o esforzo e a superación se reflicten dende a primeira páxina. A autora rioxana, afincada na Ribeira Sacra, escribiu os seus diarios en papel e, despois de dez anos, decidiu transcribilos ao ordenador, constituíndo así unha ocasión ideal para introducir notas a pé de páxina para reflectir a evolución das súas enfermidades. Xa que este libro relata a vida dunha persoa, con patoloxías crónicas e ambientais.

 

Detalles

Data:
Venres, Setembro 30, 2022
Categoría dos Evento:
,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.