
- Este evento pasou.
Presentación do poemario ‘El olor de las sombras’
Mércores, Agosto 11, 2021/ 8:00 p.m. - 9:00 p.m.

O monfortino José Carlos López Valcárcel (Monforte de Lemos, 1971) presenta no Ateneo o seu segundo poemario, El olor de las sombras.
Aínda que desempeña a profesión de garda civil dende 1994, José Carlos López escribiu poesía dende sempre. Nunca se atreveu a amosala ata que, no ano 2019, publicou o seu primeiro poemario, Humanidades desnudas.
Despois chega El olor de las sombras, con 104 poemas de temática variada. José Carlos López define agora a poesía coma ‘un Volaverunt, licencia poética que fai referencia ao gravado número 61 de Los Caprichos de Goya, pois agora a poesía para min, é unha afección caprichosa’.
Un dos principais motivos para querer publicar, afirma, é deixarlle á súa filla Martina ‘un recordo perdurable do seu pai’.
O acceso é libre, previa reserva no teléfono 648 435 033.