Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Presentación de poemario: ‘De Visu, ese enigma inalcanzable’

Venres, Outubro 1, 2021/ 8:30 p.m. - 9:30 p.m.

Este venres 1 de outubro ás 20:30, o Ateneo acollerá un acto poético no que o escritor Juan Labaredas presentará o seu primeiro poemario, titulado De Visu, Ese enigma inalcanzable.

Juan Labaredas, heterónimo de Juan Manuel Rodríguez Pérez, é natural de Sober aínda que actualmente é veciño de Monforte de Lemos. Lector voraz, escribe dende os 13 anos, aínda que sen chegar a publicar.

Agora, baixo o selo Peruchela Edicións, saca á luz un poemario, unha colección de ‘instantes apresados’, inspirados na realidade cotiá. De Viso é unha lectura co que autor busca suscitar ‘a reflexión sobre nós mesmos e as nosas debilidades, coa parodia persoal como elemento vertebrador’.

Na presentación participarán a editora Rocío Rodríguez e Marina Doutón, amiga do autor. Convidarase aos asistentes a un petisco cun viño da adega Terra Brava.

O acto estará aberto á participación de quen se anime a recitar algún poema. A asistencia é libre, previa reserva no teléfono 648 435 033.

Detalles

Data:
Venres, Outubro 1, 2021
Hora:
8:30 p.m. - 9:30 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.