- Este evento pasou.
Presentación de libro: ‘Ribeira Sacra’ de José Mouriño Cuba
Venres, Maio 21, 2021/ 8:00 p.m. - 9:00 p.m.
José Mouriño Cuba presentará o seu libro Ribeira Sacra: orixe e evolución da denominación de calidade: unha radiografía do proceso de recuperación do viñedo na Ribeira Sacra que levou ata a creación, nos anos 90, da Denominación de Orixe.
Xunto ao autor, participarán no acto de presentación a concelleira de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, Marina Doutón; o presidente da Caixa Rural Galega, Manuel Varela; e a directora de Belagua, Edurne Baines.
José Mouriño é ex-xefe do servizo de Industria e Calidade Agroalimentaria (ICA) de Lugo. Traballou en favor da posta en marcha de moitas denominacións de orixe da provincia.
Entrada libre, previa reserva.
Reservas: no teléfono 648 435 033 (preferentemente por WhatsApp)