
- Este evento pasou.
Roberto Mera presenta o seu libro sobre o republicano Alejandro Viana
Sábado, Febreiro 12, 2022/ 7:30 p.m. - 8:30 p.m.

O avogado e politólogo Roberto Mera Covas presenta o 12 de febreiro no Ateneo Casino o seu libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos (Belagua Ediciones). Acompañarán ao autor o xornalista Xosé Manuel Pereiro e o ex-alcalde Severino Rodríguez.
Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. A intervención de Alejandro Viana, tío bisavó de Roberto Mera, foi decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17000 refuxiados republicanos tras o comezo da guerra civil española.
Mera constrúe un libro ameno e de áxil lectura para contar os dezaséis últimos anos da vida do deputado republicano Alejandro Viana, que fuxiu a Francia e arriscou a súa vida para salvar a decenas de miles de refuxiados republicanos.
En 1941, acosado pola Falange e a Gestapo, emprendeu unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra. Finou en México en 1952.
A presentación será o sábado 12 de febreiro ás 19:30. O acceso será libre ata completar capacidade.