Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de cerámica: Crea o teu conxunto de almorzo

Sábado, Abril 30, 2022/ 5:00 p.m. - 8:00 p.m.

Amparo Escrich ofrece no Ateneo Casino o taller de cerámica ‘Crea o teu conxunto de almorzo’.

Son tres horas de duración, o sábado 30 de abril de 17:00 a 20:00 horas. No taller, cada participante creará a súa propia cunca, con prato e culler incluídos.

Crearanse en gres e pintaranse con pigmentos cerámicos. Non é preciso ter coñecementos previos para participar.

Unha vez realizadas as pezas, hai que deixalas secar para despois seren vernizadas e sometidas a unha dobre cocción no taller de Amparo para que poidan usarse como peza culinaria. As pezas estarán listas para a súa recollida pasadas unhas 3 semanas.

O taller inclúe todo o material: barro, pinturas, pinceis, paus para modelar, etc. O grupo está limitado a 15 persoas.

O prezo de participación son 20€ socios/as do Ateneo e 23€ non socios/as.

As inscricións débense realizar no teléfono 648 435 033.

Amparo Escrich Albentosa é oriúnda de Valencia, aínda que actualmente reside na Comarca de Lemos. Ten máis de 20 anos de experiencia como ceramista. Ten impartido talleres desta arte en asociacións culturais, varios colexios de Lemos, así como en cursos organizados por Artesanía de Galicia.

Detalles

Data:
Sábado, Abril 30, 2022
Hora:
5:00 p.m. - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:
, , ,

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.