Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Teatro no Ateneo: O lazarillo do Miño

Sábado, Novembro 27, 2021/ 7:00 p.m. - 8:00 p.m.

Os Pinchacarneiros adaptan a obra picaresca ‘El Lazarillo de Tormes’ e traen ao Lázaro ata o Miño para contar dun xeito particular a súa historia de vida, dende a súa mísera infancia ata a súa voda.
Este espectáculo vén ao Ateneo grazas ao Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo.
A peza está codirixida por Esther Pedrouzo e Antonella Sturla. O grupo Os Pincharcarneiros naceu fai 15 anos en Lugo baixo o paraugas da Fundación Anade, adicada á inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade utilizando como novidosa ferramenta as artes escénicas e a cultura.
A entrada é de balde, previa reserva no teléfono 648435 033 (por whatsapp preferiblemente).

Detalles

Data:
Sábado, Novembro 27, 2021
Hora:
7:00 p.m. - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.