Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Teatro: O Mundo de Martiña (Cía. Bátega)

Venres, Maio 14, 2021/ 8:00 p.m. - 9:00 p.m.

A compañía Bátega leva ao Ateneo Casino o espectáculo O Mundo de Martiña con Pedro Insua e Raquel López Cendán.

Martiña é unha nena moi curiosa que se cuestiona todo aquilo que non entende. A través dun monólogo musicado e entretecido con cancións e diálogos, escrito e dirixido por Raquel López Cendán, vimos a Martiña medrar. Vímola afrontar a regra, a paixón adolescente, a autoridade paterna ou o duro mundo laboral. Vímola sortear obstáculos e sacar conclusións.

Entrada de balde, previa reserva. 

Info e Reservas: No teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp)

Espectáculo subvencionado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo

Detalles

Data:
Venres, Maio 14, 2021
Hora:
8:00 p.m. - 9:00 p.m.
Categoría do Evento:
Evento Etiquetas:

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.