- Este evento pasou.
Xornadas Lactouras
Xoves, Novembro 25, 2021/ 8:30 p.m. - Sábado, Novembro 27, 2021/ 6:00 p.m.
Os días 25 e 26 de novembro terán lugar as ‘Xornadas Lactouras‘ no Ateneo, en colaboración coa asociación micolóxica Os Lactouros.
O xoves 25, Jaime Blanco ofrecerá unha introdución á micoloxía. O venres 26, Julián Alonso falará das novidades na clasificación do xénero Boletus Fr. Ambas charlas comezarán ás 20:30.
Haberá ademais unha exposición de cogumelos no noso Salón durante as xornadas.
O sábado 27 organízase un xantar con cogomelos na Abadía de San Simón.
As xornadas son gratuítas, coa excepción do xantar. Hai que inscribirse previamente no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp).