Curso de cultivo de cogomelos

Aprende a cultivar cogomelos comestibles no teu xardín, finca ou terraza! A Asociación Micolóxica Os Lactouros ofrece no Ateneo Casino un curso intensivo de cultivo de cogomelos. Será impartido por Carlos Pérez, Técnico Superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos. O curso terá unha introdución teórica pero será eminentemente práctica. Aprenderás sobre o ciclo dos cogomelos, o seu crecemento e alimentación, as variedades de especies que se poden cultivar e como facelo. Data e horario: Domingo 2 […]

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.