Concerto: Alfonso Medela Trio

Alfonso Medela (piano), Loren Tabarés (contrabaixo) e Luis Vivas (batería) ofrecerán un concerto de jazz con composicións propias e arranxos de Medela, ademais dalgún tema clásico de jazz latino. O Trio é residente dende hai anos do prestixioso Café Jazz Latino de Ourense. Ademais, hai un vínculo especial con Monforte xa que un dos compoñentes, Luis Vivas, é profesor na Escola de Música Moderna. Prezo: 3€ soci@s do Ateneo / 5€ non soci@s Info e Reservas: No teléfono 648 435 033 […]

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.