Presentación de ‘Pangalaica’ de Xurxo Souto

O novo libro de Xurxo Souto, Pangalaica. Recortes poderosos, é unha recompilación dunha serie de artigos para Nós Diario iniciada en marzo de 2020 e que constitúen toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que Xurxo foi coñecendo dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica. Entrada de balde, previa reserva. Info e Reservas: No teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp)

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.