Todo o día

Programación do FanCine de Lemos

O Ateneo Casino acollerá varios eventos da sétima edición do festival de cine fantástico FanCine de Lemos, que terá lugar en Monforte do 21 ó 25 de xullo. Do mércores 21 ó domingo 25. Exposición de Noemí Vázquez Noemí Núñez (Lugo, 1987), licenciada en Belas Artes, con formación en artes gráficas, serigrafía e gravado. Retratos, rostros enmascarados, caveiras e criaturas fantásticas abundan nun imaxinario con aires escuros que resultan do proceso de combinar figuración e abstracción. Utiliza a pintura de […]

Arestora

Obradoiro ‘ImaxinaRío’ co fotógrafo Ramón Casanova

Ramón Casanova, fotógrafo e docente da arte (no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya, no Grao de Artes Dixitais La Salle e no Departamento de Artes Visuais e Deseño da Universidade de Barcelona), ofrece dous talleres de acción visual na contorna do río Cabe. Taller 1. Imaxinar o río con cámaras autoconstruidas e calotipo Do 26 ó 29 de xullo. De 9:00 a 13:00. Breve descrición: Traballar con cámaras autoconstruidas achéganos a unha observación consciente, fainos entender como funciona a captación das imaxes, desbota […]

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.