Latest Past eventos

Xuntanza para bailar

Este domingo 19 a partir das 19h, vén bailar ao Ateneo! É un evento aberto; o único requisito é ter ganas de baile! Da música ocuparase Darío, un dos nosos profesores de baile e DJ. Bailaremos salsa, bachata, kizomba, merengue, sevillanas, pasodobre... O uso de máscara é obrigatorio e cumpriranse as medidas sanitarias precisas.

Contos de contrabando con Avelino González

O actor e narrador Avelino González ofrécenos unha contada centrada no mundo ferroviario e na tradición oral da Terra de Lemos. Un espectáculo feito a medida para o Ateneo Casino de historias que nos resultarán familiares e sorprendentes a un tempo. Entrada de balde, previa reserva no teléfono 648 435 033

Radio Océano en concerto

Anunciamos gran colofón final a #LP25anos! Que mellor xeito para celebrar a vida e obra de Lois Pereiro que enchendo o Ateneo cos seu versos, cantados a todo volume polo mítico grupo de punk galego Radio Océano?! Radio Océano, a banda que non quixo ir a Eurovisión en 1986, elixe o Ateneo Casino para inaugurar o seu Crowdfunding Indecente Tour, unha chiscadela ao Filthy Lucre Tour dos Sex Pistols. O importe das entradas destinarase integramente aos custos de produción dun […]

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.