Latest Past eventos

FanCine de Lemos no Ateneo

Un ano máis, o Ateneo Casino é un dos sedes do FanCine de Lemos. O festival celebra do 6 ao 10 de xullo a súa oitava edición, este ano centrada na relación entre o cine e os videoxogos. Unha espectacular programación concentrada en 5 días, e todo completamente de balde. No marco do FanCine, o Ateneo acollerá unha exposición, proxeccións e talleres do festival. Continúa a ler para coñecer os detalles de cada evento no Ateneo. Tamén podes consultar a programación […]

Obradoiro infantil de construcións xigantes

Traemos ao Ateneo un taller para nenos e nenas, en colaboración con centro psicopedagóxico e de desenvolvemento infantil, Aula 10. No taller de construcións xigantes, os e as participantes poñerán a funcionar a súa creatividade e imaxinación para crear o seu propio minimundo! Trátase dunha actividade impartida pola cooperativa galega Donde viven los cuentos. É unha actividade adaptada a nenos e nenas con necesidades especiais.

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.