Latest Past eventos

Exposición entre a Arte e a Artesanía do sur de Lugo

FRONTEIRAS. Entre arte e artesanía do sur de Lugo é unha exposición que reúne obras de distintos ámbitos artísticos e que terá lugar a súa inauguración o vindeiro día 3 de febreiro no Ateneo Casino de Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra. Mediante unha visión multidisciplinar e colectiva, preténdese explorar as conexións e os límites difusos entre a arte e a artesanía, un diálogo que continúa ata hoxe. Coa participación de artistas dunha longa traxectoria, o obxectivo desta mostra […]

Clases de Arte

Dende o Ateneo preparámosvos unhas sorpresas! Pouco a pouco irémolas mencionando para que vos inscribades. Hoxe comezamos propoñendo uns cursos de Arte. A presentación terá lugar o sábado 21 de xaneiro ás 20:30 h. Reservámonos a sorpresa de quen impartirá as clases, pero podemos dicirvos que é unha gran persoa, coñecida polas mellores Escolas de Arte. Un privilexio poder contar coas súas ensinanzas! Desde el Ateneo os estamos preparando algunas sorpresas! Poco a poco las iremos mencionando para que os […]

Presentación “La gloriosa tragedia de Rande”

Presentación do libro "La gloriosa tragedia de Rande" de Francisco Ruiz Aldereguía, o 20 de xaneiro ás 20h30. Presentación del libro "La Gloriosa tragedia de Rande" de Francisco Ruiz Aldereguía, el 20 de enero a las 20h30.  

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.