Dende o Ateneo, desexámosvos unhas felices festas e un próspero Aninovo.
Aproveitamos para informar de que o noso número da Lotaría de Nadal (31968) foi premiado con reintegro.
Quen desexe cobrar o reintegro, pode pasar polo Ateneo a partir do luns 27 de decembro, no seguinte horario: os luns, mércores e venres de 17:00 a 21:00, ou os martes es en horario de 19:00 a 21:00.
Se elixes non cobrar o reintegro, o diñeiro destinarase a apoiar a actividade do Ateneo Casino.
A todos os socios e socias que teñan a cota domiciliada, pasóuselles unha participación da lotería por valor de 4€.
As persoas non socias, así como os socios/as sen a cota domiciliada, terán que presentar a(s) participación(s) que compraron para cobrar o reintegro.