#LP25anos

25 anos con Lois Pereiro

Axúdanos a encher as redes da poesía de Lois Pereiro! Estamos a levar a cabo unha campaña virtual para conmemorar o 25 aniversario do pasamento do poeta monfortino.
Crea o teu contido (vídeo, imaxe, texto…) e envíanolo ou súbeo baixo o cancelo #LP25anos, seguindo os pasos do cartel.
Xa participaron máis de 30 persoas destacadas da cultura galega. Mira no noso canle de YouTube un resumo das súas achegas na serie de vídeos ‘A luz de Lois’.

 

25 anos con Lois Pereiro #LP25anos

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.