Obradoiro de Cosmética Natural

Aprende con Estefanía Montes a facer a túa propia cosmética saudable, eficaz, económica, sostible, respectuosa co medio ambiente e libre de plásticos.

Neste curso de cosmética natural caseira aprenderás a facer produtos de hixiene e coidado corporal, respectando o medio ambiente e sabendo o que che pos na pel.

No curso, de 4 horas de duración, farás:

  • Xabón corporal de sosa e de glicerina cos mellores aceites
  • Pasta de dentes
  • Máscaras hidratantes e purificantes
  • Pomada herbal
  • Serum hidratante
  • Desodorizante
  • Acondicionador de pelo
  • Bálsamo labial

Data: Sábado 17 de abril. Haberá dúas quendas: ás 10:00 e ás 16:00. O curso dura 4 horas.

Prezo: 20€ para soci@s e 25€ para non soci@s. O prezo inclúe todo o material e un xabón corporal que levarás a casa.

Inscrición: No teléfono 648 435 033 (por WhatsApp preferiblemente).

[Imaxe de dungthuyvunguyen de Pixabay]

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.

Máis
Concerto de contrabaixo e voz