Obradoiros ‘ImaxinaRío’ con Ramón Casanova

Ramón Casanova, fotógrafo e docente da arte (no Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya, no Grao de Artes Dixitais La Salle e no Departamento de Artes Visuais e Deseño da Universidade de Barcelona), ofrece dous talleres de acción visual na contorna do río Cabe.

Taller 1. Imaxinar o río con cámaras autoconstruidas e calotipo

Do 26 ó 29 de xullo. De 9:00 a 13:00.

Breve descrición:

Traballar con cámaras autoconstruidas achéganos a unha observación consciente, fainos entender como funciona a captación das imaxes, desbota a mirada fugaz e obríganos a decidir dende onde, que e como miramos. Traballaremos con cámaras de gran formato, que nos permiten obter negativos de ata 40x40cm. O soporte sensible será papel, o que nos permite visualizar todo o proceso de revelado e nos permite obter positivos por contacto do mesmo formato que o negativo.

Cota por Taller 1: 150€ (inclúe material e as 15 horas do taller)

Máximo 7 participantes

Información e inscricións no teléfono 648 435 033 (preferentemente por WhatsApp)

Taller 2. Imaxinar o río con fotografía sen cámara

Do 2 ó 5 de agosto. De 10:00 a 14:00 e de 23:00 a 01:00

Breve descrición:

Sen intermediación de cámara, a experiencia fotográfica esténdese dende o visual ate captacións máis próximas ao tacto.

As diferentes técnicas que utilizaremos posibilitan traballar con luz natural diurna e longa exposición ou ben aproveitar a escuridade da noite para captar movimentos fugaces con axuda de flash ou luz artificial puntual.

Cota por Taller 2: 90€ (inclúe material e as 15 horas do taller)

Máximo 12 participantes

Información e inscricións no teléfono 648 435 033 (preferentemente por WhatsApp)

Cremos na Cultura como eixo vertebrador comunitario. Queremos levar o Casino ao século XXI converténdoo nun centro cultural de referencia en Monforte e a Terra de Lemos. Ofrecemos actividades ao redor das artes, a ciencia e a cultura en xeral. A nosa filosofía está atravesada pola transversalidade, a pluralidade e a integración.

Máis
Clases de baile